O crowd computing non debe confundirse có cloud computing ambos son servizos diferentes entre eles, o crowd computing como xa dixen permite o intercambio de ideas entre grandes grupos de persoas e que os distintos grupos se axuden entre eles. O cloud computing en cambio é un servizo que permite aos usuarios acceder a distintos archivos localizados na "nube" polo tanto non ocupan espazo no teu ordenador, aínda que dependen do acceso a internet.
Un claro exemplo útil do crowd computing é o proxecto recaptcha (nome co que se coñece a compañía fundadora deste proxecto), este proxecto creado por Luis Von Ahn permite a dixitalización de libros cada vez que introducimos un captcha. Tras a dixitalización dun libro páxina por páxina, un programa convirte todas as palabras da imaxe a texto, como o programa que realiza esta tarefa non é perfecto hai moitas palabras que non reconoce, o que se realiza para solucionar este problema é facer que as persoas as reconozan mediante a introducción de captchas. Con este método se dixitalizan ao rredor de 2 millóns e medio de libros ao ano. Este exemplo mostra o útil que pode chegar a ser a gran colaboracíon de masas.
Hoxe en día a compañía recaptcha é propiedade de google, utilízase no seu proxecto google books e tamén na dixitalización do periódico New York Times.
No hay comentarios:
Publicar un comentario