miércoles, 20 de junio de 2012

A televisión


Por qué a televisión deixa de emitir imaxes cando a máquina cae?


As imaxes que transmite a televisión son "metas" que a máquina ten que alcanzar, podemos entender que coa penúltima imaxe a máquina alcanzou un nivel que non pode superar, de modo que a seguinte imaxe que transmitirá a televisión será unha meta inalcanzable polo que a máquina ao non poder superar a meta imposta estropéase e rómpese, de maneira que a televisión xa non ten porque imporlle novos niveis a unha máquina que non pode alcanzalos, como consecuencia, non emite máis imaxes.

Que significado ten a última televisión que se ve?


A última televisión é o nivel de beleza definitivo imposto á máquina, ao non poder alcanzalo a máquina rómpese e a televisión deixa de emitir novas imaxes, conseguindo impoñer un nivel de beleza inalcanzable.

Comentario:


A máquina representa a unha sociedade que é guiada a través dos canóns de beleza marcados tanto pola televisión, como polas revistas, webs... etc. Conforme a sociedade cae nas modas de beleza estas van cambiando facendo que teñamos que comprar cousas novas, para poder estar a moda. O feito de alcanzar unha moda e iniciarse outra será constante, podemos entender que chegará un punto no que a beleza será algo "inalcanzable" polo que poucos membros da sociedade serán capaces de alcanzar ese último punto e serán dalgún modo vencidos ante á moda.
Estamos nunha sociedade facilmente influenciable, a moda varía cada certo tempo e moitos por medo a non ser aceptados ou calquera outro motivo queremos seguila, mais cada un debe ser libre de seguir a súa propia moda e non ser tan influenciables xa que chegara un momento no que no seremos capaces de seguir a moda e seremos derrotados ante a sociedade.

jueves, 17 de mayo de 2012

A Pirataría


    Pirataria, nos últimos anos esta palabra púxose moi de moda e xurdiron debates de todo tipo. É un termo que levanta polémicas e inda mais cando nace unha  lei que priva a cidadanía de calquera descarga gratuita onlaine, a lei Sinde. Foron moitos os blogger opinaron sobre ela e velaquí o caso de dous homes, un periodista e outro blogger.

    Juan Gómez Jurado é un periodista que a pesar de vivir do que escribe e de expoñerse a que calquer persoa poida descargarse os seus escritos é un home encontra desta medida tan drástica, xa que pensa que as descargas non faran outra cousa que aumentar a culturalidade e que o contraio do que argumenten cantantes, escritores etc. non existe perda económica elevada de ningún tipo, só novas oportunidades de xente sen recursos de adquirir coñecementos, de escoitar música, de ver películas... de forma gratuita. Sempre haberá persoas que segan a mercar libros ou DVDs, non hai necesidade de temer as baixadas de ventas.

   Outro blog anónimo encontra desta lei apoia a idea de Gómez e vai aínda mais lonxe afirmando que non só as ventas non baixarían, senon que se alzarían permitindo que entrasen no mercado novos oferentes. Para este blogger o necesario son  novas medidas, non novas leis.

    En xeral esta lei non é acollida con agrado, xa que deixa a xente sen a vantaxe de escoitar os seus artistas favoritos, de ver estrenos cinematográficos... de forma gratuita, pero numerosos famosos que ven baixar os seus ingresos polas descargas gratuitas como David Bisbal, Alejandro Sanz ven esta medida xusta e necesaria

lunes, 26 de marzo de 2012

O consumo colaborativo

A sociedade está cambiando, a mentalidade das persoas está cambiando, cada vez máis comezamos a pensar como un colectivo, como un grupo. As persoas xa empezan a "espertar" a darse conta de que contan con máis persoas, non só deben velar por si mesmos e pensar só en eles deben cambiar a súa forma de pensar para pensar en todas as persoas como un gran grupo que pode axudarse entre si.

Esta nova sociedade que posúe unha mentalidade máis aberta a colaboración en grupo ten o nome de sociedade 2.0. Esta mentalidade máis ligada ao grupo permite non ser tan desconfiada e poder confiar noutra xente con maior facilidade isto suxiriu a creación de webs de intercambios, persoas que intercambian obxetos con outras, xa poden pertencer ao mesmo país ou a outro calquera, calquera obxeto ao que xa non lle des uso podes intercambialo por outro que si queras isto aparte de permitir un aforro económico permite que aprendamos a confiar con maior facilidade nas demais persoas. Mediante o éxito destas páxinas podemos saber que a mentalidade das persoas deixa a un lado o capitalismo para dar lugar a confianza e pensar en que os bens materiais non o son todo de este modo "o que é meu é teu".

As novas webs, redes sociais... etc, lévannos atras no tempo ata épocas nas que o trueque e os intercambios supoñían os medios de obtención dos distintos obxetos pero lévannos reinventados en formas dinámicas e atractiva, esto es conocido como consumo colaborativo.

O consumo colaborativo esta moi ligado ao crowd computing. Nuns cantos anos pasamos dunha cultura basada no eu a unha cultura basada no nós, grazas a aparición de internet eliminamos todas esas vallas que nos incitaban só a pensar nun mesmo, volvemos a ter unha mentalidade coa que non temos medo de colaborar cos demais, non debemos afiancarnos a unha cultura hiperconsumista baseada en comprar, comprar e comprar esta cultura ten as súas bases debido a obsolescencia programada, a obsolescencia programada consiste en darlle vida útil a calquera obxeto xa sexan 2,3,4 anos ou poucos máis tras ese período de tempo (calculado de antemán) ese obxeto deixara de funcionar correctamente e acabaráse estropeando isto nós leva a ter que comprar un novo e isto repetírase continuamente para que os mercados sigan tendo compradores por sempre.

A continuación deixo un enlace por se queren ver un documental sobre a obsolescencia programada, recomendable ao 100%



jueves, 22 de marzo de 2012

Crowd computing

O crowd computing é un metodo de traballo online que consiste na grande colaboración entre grupos de xente. Na actualidade o crowd computing se usa con distintos obxectivos, algúns deses obxectivos son por exemplo para mellorar os procesos de toma de decisións, identificar solucións a problemas complexos ou monitorizar os cambios nos gustos dos consumidores. A colaboración online a gran escala é unha gran idea que co aumento masivo do uso de internet permitirá que calquera persoa no mundo poda axudar ás demais persoas que o necesiten.

O crowd computing non debe confundirse có cloud computing ambos son servizos diferentes entre eles, o crowd computing como xa dixen permite o intercambio de ideas entre grandes grupos de persoas e que os distintos grupos se axuden entre eles. O cloud computing en cambio é un servizo que permite aos usuarios acceder a distintos archivos localizados na "nube" polo tanto non ocupan espazo no teu ordenador, aínda que dependen do acceso a internet.

Un claro exemplo útil do crowd computing é o proxecto recaptcha (nome co que se coñece a compañía fundadora deste proxecto), este proxecto creado por Luis Von Ahn permite a dixitalización de libros cada vez que introducimos un captcha. Tras a dixitalización dun libro páxina por páxina, un programa convirte todas as palabras da imaxe a texto, como o programa que realiza esta tarefa non é perfecto hai moitas palabras que non reconoce, o que se realiza para solucionar este problema é facer que as persoas as reconozan mediante a introducción de captchas. Con este método se dixitalizan ao rredor de 2 millóns e medio de libros ao ano. Este exemplo mostra o útil que pode chegar a ser a gran colaboracíon de masas.

Hoxe en día a compañía recaptcha é propiedade de google, utilízase no seu proxecto google books e tamén na dixitalización do periódico New York Times.



viernes, 24 de febrero de 2012

Amateurización de contidos.

Nesta entrada do meu pequeno blog falarei sobre a amateurización dos contidos un fenómeno que coa popularización de internet e sobre todo de youtube foise agravando mái e máis.

Este fenómeno ao que se opoñen a maioría dos artistas permite que se den a coñecer novos artistas que poidan ser mellores ca os antigos por ese motivo os "grandes" artistas opoñense rotundamente a esta práctica e acusan aos activos que a realizan de poseer pouca orixinalidade ou lles suprimen o video mediante o copyright.

Pero o que os artistan non recordan é que seguramente eles chegaron a onde están polo mesmo método.

Eu opino que cadaquén debería ser libre de facer o que quere e dou grazas a amateurización de contidos porque grazas a ela coñecín a un dos meus grupos favoritos aparte de coñocer outros tantos moi bos.

Coa amateurización de contidos e cando se demostra quen é un gran artista, quen ten verdadeira orixinalidade e quen non.

Os artistas que realizan esta práctica despois de darse a coñecer coa canción de outro artista sacan as súas propias para saber se lles gustan aos fans que obtiveron co cover que realizaron doutra canción e coas novas cancións poderán demostrar se son bos ou se unicamente son bos realizando covers das cancións doutros artistas

domingo, 12 de febrero de 2012

Novas formas de ler !!

A aparición do libro electrónico nos últimos anos xerou diversas "polémicas" moita xente o rexeita dado que non queren ver como o seu preciado libro de papel que os acompañou durante toda a vida pode ser substituído polo ebook, tamén o feito de comprar un libro novo e abrilo por primeira vez e cheirar ese olor a novo fai que rexeiten esta nova tecnoloxía. O feito de substituír algo que dende sempre estivo nas súas vidas por algo novo lles asusta pero eu aposto pola tecnoloxía e tarde ou temprano o libro electrónico acabará superando ao tradicional de maneira que gañe esta "batalla" que se xerou arredor dos dous formatos eu aposto que a moi longo prazo o libro tradicional acabará por ser pouco usado sendo superado polo electrónico.
Tal vez a razón principal pola que aínda hoxe en día o libro electrónico non é ben recibido ou é mirado con desconfianza son as características novedosas da lectura e escritura coas que conta, incapaces de ser concebidas na cultura do libro tradicional. Fálase de narrativa non lineal, basada no hipertexto, audio, video, imaxe, animación e interactividade.
A continuación falarei das principales vantaxes e desvantaxes do ebook:

           
                    Vantaxes do ebook:

- A longo prazo o ebook resulta moito máis barato que comprar libros en formato físico.
- Os ebook permiten que un narrador lexa o libro mentres ti o escoitas e segues a lectura ou non.
- Os ebook permiten acceder a fontes de información de forma inmediata e máis amplas que os libros tradicionais
- Podes aumentar ou diminuir o tamaño da letra algo que moitas persoas que teñen problemas na vista o agradecerán
- A inclusíón de diccionarios nos ebook permite que a lectura de libros noutros idiomas sexa máis doada polo feito de que se non coñeces unha palabra podes acceder de forma case inmediata ao seu significado no diccionario
- Podes mellorar a túa pronunciación ou aprender como se pronuncian certas palabras que non coñezas grazas ao narrador que pode ler o libro noutros idiomas.
- Podes levalo a calquera parte xa que resulta cómodo de levar como un libro tradicional pero que posee moitos máis libros.
- É máis ecolóxico ca os libros tradicionais xa que non se necesitan talar árbores para a súa fabricación

                      Desvantaxes do ebook:

- A súa duración está limitada por unha batería.
- Depende dun hardware externo como poden ser tarxetas de memoria, conexión a internet, ordenador co que poder pasar os libros... etc.
- O seu hardware pode romperse, su pantalla rallarse.. etc.
- Posúe unha resolución menor á dos libros convencionais.
- O seu prezo inicial pode parecer elevado en comparación ao prezo dos libros tradicionais.
- A xente non acostumada a tecnoloxía pode sentirse perdida ante o ebook pero a verdade é que posúe un control sencillo e intuitivo.




 

viernes, 27 de enero de 2012

Estanos Internet a volver imbéciles?

Na teoría de Carr, este expón que internet está cambiando a forma de ler das persoas de modo que agora as persoas non se centran en ler todo un texto liña por liña, senón que len o primeiro párrafo e dánlle vistadas ás liñas seguintes pero sen centrarse nelas, no seu contido.

Según Carr a rede incentiva un tipo de lectura superficial, de modo que se entrena a intelixencia visual-espacial pero se debilita o procesamento profundo. Según Juan Varela isto non é certo ningunha tecnoloxía nos fai máis estúpidos, pero os problemas abundan ó utilizalas agora e antes. As tecnoloxías dixitais poñen a disposición dos cidadáns un modelo máis aberto, participativo, social e eficiente de xestión de información pero a menudo faltan criterios claros para aproveitalo. Ahí está o principal problema. A clave non é a tecnoloxía senón ter a destreza é a voluntade adecuadas para aproveitala.
Carr reitera na súa teoría e a apoia na neuroplasticidad.

Agora falemos sobre a outra teoría que expón que a escrita pública en internet fai que se mellore a ortografía e a expresión. Esta teoría describe que a boa ortografía en internet pode condicionar por exemplo as ventas dunha paxina, mentres que a mala ortografía  pode facer perder a unha web o 50% das ventas.

Outro exemplo é que se vemos dúas opinións unha ben redactada  e outra con unha ortografías máis ou menos mala, sen coñecer ao autor nos fiaremos máis pola opinión mellor redactada aínda que a outra opinión sea a que teña razón.


Na miña opinión as dúas teorías teñen a súa parte de razón pero síntome máis de acordo coa segunda teoría xa que sóeme gustar os textos ou frases ben redactadas e sen faltas de ortografía, o tema de que a mala ortografía pode facer perder un 50% das ventas a unha web paréceme moi certo eu non me imaxino comprando nunha web que describa os seus productos con faltas de ortografía salvo que sexa un caso extremo.