Stanley Milgram |
O experimento do mundo pequeno di que se unha persoa ten 3 ou 4 amigos é eses amigos a súa vez teñen tres amigos máis, a información se transmite a través de esas redes que se constrúen de forma natural sen que nós deseñaramos a rede con esa intención.
Fowler e Christakis descubriron que se unha persoa se comporta dun certo modo este influirá hasta en tres graos nos seus amigos. Por exemplo: se un amigo teu engorda, ti terás máis probabilidades de engordar e tamén se aplica para os amigos dos teus amigos e incluso para os amigos dos teus amigos dos teus amigos. Este descubrimento o realizaron nun dos seus primeiros estudos.
Fowler e Christakis |
O científico James Fowler é un dos máis importantes investigadores acerca das redes sociais e as influencias que estas teñen na sociedade e hai numerosos experimentos, que realizou xunto a Christakis, que confirman esta teoría. Unha das estadísticas máis sorprendentes que se obtiveron foi que cantos más amigos se teñan maior é a probabilidade de aumentar o grao de alegría e felicidade. Na súa contra atopamos o concepto de constante de Dunbar que é o número máximo de persoas coas que podemos establecer unha amizade valiosa: 150. Isto quere dicir que non podemos establecer con todo o mundo o memso tipo de relación: hai persoas coas que temos relacións laborais, outros son amigos de verdade, compañeiros... Non se deben confundir aos coñecidos e compañeiros cos amigos. Tipos e tipos de amigos
O poder de influencia da rede depende en gran medida da súa estrutura. Nas redes distínguese o factor de conexión e de contaxio. As de conexión son aquelas coas que estamos conectados mentres que as de contaxio son as que pola súa estructura e polas persoas que a forman nos incitan a unirnos a ela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario