lunes, 19 de diciembre de 2011

Os graos de separación

Stanley Milgram
Stanley Milgran realizou nos anos sesenta un estudo mediante o cal demostrou que 6 é o número que separan a dúas persoas descoñecidas. Este é o numero de estacións que debe superar unha carta para que unha persoa se comunique coa outra que descoñece. Este dato permitiu que máis tarde coa aparición de internet se realizase o mesmo experimento pero utilizando el correo electrónico.
O experimento do mundo pequeno di que se unha persoa ten 3 ou 4 amigos é eses amigos a súa vez teñen tres amigos máis, a información se transmite a través de esas redes que se constrúen de forma natural sen que nós deseñaramos a rede con esa intención.
Fowler e Christakis descubriron que se unha persoa se comporta dun certo modo este influirá hasta en tres graos nos seus amigos. Por exemplo: se un amigo teu engorda, ti terás máis probabilidades de engordar e tamén se aplica para os amigos dos teus amigos e incluso para os amigos dos teus amigos dos teus amigos. Este descubrimento o realizaron nun dos seus primeiros estudos.
Fowler e Christakis
Realizaron este mesmo experimento con distintas cousas como o deixar de fumar, ou o alcoholismo e viron que o número tres se repetía constantemente pero que máis aló da terceira persoa esa influencia deixaba de darse.
O científico James Fowler é un dos máis importantes investigadores acerca das redes sociais e as influencias que estas teñen na sociedade e hai numerosos experimentos, que realizou xunto a Christakis, que confirman esta teoría. Unha das estadísticas máis sorprendentes que se obtiveron foi que cantos más amigos se teñan maior é a probabilidade de aumentar o grao de alegría e felicidade. Na súa contra atopamos o concepto de constante de Dunbar que é o número máximo de persoas coas que podemos establecer unha amizade valiosa: 150. Isto quere dicir que non podemos establecer con todo o mundo o memso tipo de relación: hai persoas coas que temos relacións laborais, outros son amigos de verdade, compañeiros... Non se deben confundir aos coñecidos e compañeiros cos amigos. Tipos e tipos de amigos
O poder de influencia da rede depende en gran medida da súa estrutura. Nas redes distínguese o factor de conexión e de contaxio. As de conexión son aquelas coas que estamos conectados mentres que as de contaxio son as que pola súa estructura e polas persoas que a forman nos incitan a unirnos a ela.

Memética

A idea de que o ser humano ten que "despertar" está presente en moitas relixións pero hai moitas claves que indican que esta visión é falsa. 
Cando alguén trata de meditar sempre terá a súa mente chea de todo tipo de pensamentos, todos os pensamentos involucran a un mesmo de ahi a preguntarse quen é ese "eu". Algunhas persoas din que é inutil tratar intelectualmente de comprender os asuntos espirituais. Se a sociedade quere ter algunha profundidade espiritual, debe cadrar coa nosa crecente comprensión do funcionamento do cerebro e a naturaleza da mente.
A teoría da evolución de Darwin que explica a orixe de todas as especies descarta por completo a necesidade dun Deus e é esta teoria a que da base ao estudo da bioloxía, esta teoría tuvo moita controversia no seu momento de publicación sobre todo porque a xente a malinterpretou. Todo o que se necesita para que a selección natural comence é un replicador nun entorno apropiado, ao non ser todas as copias idénticas algunhas serán capaces de sobrevivir nese entorno, a especie que sobreviviu fai máis copias que tamén sobrevivirán co aumento do número esa especie cambiará o entorno e as novas copias terán que adaptarse.
o deseño das especies aparece dá nada non se necesita un creador ou un plan maestro, e non existe un destino final ao cal a creación se esté encamiñando. A evolución non ten previsión e por tanto non produce a "mellor" solución.
Comprendendo o proceso de selección natural podemos ver como os nosos corpos chegaron a ser como son, pero non as nosas mentes. As persoas non son capaces de non parar de pensar todo tipo de pensamentos a maioría inútiles que non axudan a resolver problemas. A teoría dos memes é un principio que trata de explicar a naturaleza da mente.
En 1976 Dawkins escribiu un libro no que expoñía que a evolución e polo ben dos xenes. 
Según esta teoría as ideas que máis están presentes non son as mellores senón que son as ideas que sobreviven.
Se esta visión é correcta, os memes (unidad de información almacenada no cerebro) evolucionará independientemente dos xenes. Según dawkins os comportamentos, a forma de vestir das pandillas e as relixións son grupos de memes que tratan de sobrevivir xuntandose.
Se ti es "infectado" por estos complexos de memes é difícil desprenderse de eles. Potencialmente podería comprenderse toda a vida mental en términos de competición de memes, igual que podemos comprender a evolución biolóxica en términos de competición de xens.
O noso cerebro está cheo de pensamentos debido a que os memes tratan de sobrevivir almacenándose en cerebros humanos, pero existe otra consecuencia, os nosos cerebros tamén se saturan de eles, estos memes saltan de persoa en persoa enchendo as mentes dos seus anfitrións ao seu paso.
Nós non somos máis ca complexos de memes coadaptados. Non somos máis que conglomerados temporales de ideas, agrupados para asegurar su protección. O problema é que non o vemos de esa maneira senón que cremos que hai alguén dentro de nós que cree.
Dous sistemas son capaces de desmantelar os soños meméticos, estos sistemas son memes desinfectantes, memes comedores de memes o "complexos meméticos que destrúen outros complexos meméticos". Estos dous so a ciencia e o zen.

MEME:

Un meme es, en las teorías sobre la difusión cultural, la unidad teórica de información cultural transmisible de un individuo a otro, o de una mente a otra, o de una generación a la siguiente. Es unneologismo acuñado por Richard Dawkins en El gen egoísta , por la semejanza fonética con «gene» —gen en idioma inglés— y para señalar la similitud con «memoria» y «mimesis».

MEMÉTICA:

La memética es un acercamiento a la propuesta de los modelos de evolución de transferencia de información cultural basado en el concepto de meme.

sábado, 17 de diciembre de 2011

Revolucións e as Redes Sociais

Hoxe en dia as redes sociais contan con millóns de usuarios de todo o mundo e cada vez son máis, a dependencia do home ás redes sociais e cada vez maior. Nestes tempos en que practicamente todo o mundo esta conectado desde calquera parte calquera feito importante transmitese antes por unha rede social que na televisión ou periodicos a mellor rede social para transmitir noticias e twitter.
Calquera pode "tuitear" o que sexa e ter un impacto global. Esa repercusión pode facer sentir ás persoas poderosas e esaforma de conciencia é liberadora: cambianos a forma de pensar. Nas revolucións árabes o pobo decidiu cambiar de Goberno e de forma de Goberno e unha vez comezou non houbo forma de parar ao pobo,¿e cómo se enteraron os tunecinos, os libios e os exipcios de que había que cambiar de Goberno e o momento era agora? Pois si, mediante as redes sociais. En EE.UU. houbo un fenómeno similar con consecuencias menos importantes, o #occupywallstreet converteuse na bandera levantada por todo o país estadounidense grazas, eso si, ás redes sociais. En España o 15M busca o mesmo que as revolucións de Estados Unidos e os países árabes un cambio de Goberno. Os grandes medios en estos casos o único que fai é confundir máis a xente, no caso do 15M os casos de manipulación, ocultación y desinformación son docenas. Se nos vamos ao norte de África é moito maior. De este modo xúntanse o fame coas ganas de comer nun circulo virtuoso: a xente se organiza, protesta, os medios distorsionan, a xente dase de conta e o denuncia, a xente protesta todavía máis ¿hasta cando echarán terra os medios sobre a súa credibilidad?. Pero... ¿ Por qué non pasaba isto tan facilmente cando non había redes sociais nin internet? Pola sombra que xeraban os medios. As grandes revolucións ao longo da historia triunfaron sen o apoio dos medios, agora a revolucion vai polo seu lado e se os medios non a seguen dalle igual... non espera. Como conclusión direi que os medios de comunicacíon enfréntanse a unha tecnoloxía que está facendo que a xente se organice, pense como un gran grupo de forma colectiva e poña en marcha as súas propias decisións, e o fai sen esperar a que os grandes medios fálen da súa intención ou lles dean o seu visto bó.