miércoles, 20 de junio de 2012

A televisión


Por qué a televisión deixa de emitir imaxes cando a máquina cae?


As imaxes que transmite a televisión son "metas" que a máquina ten que alcanzar, podemos entender que coa penúltima imaxe a máquina alcanzou un nivel que non pode superar, de modo que a seguinte imaxe que transmitirá a televisión será unha meta inalcanzable polo que a máquina ao non poder superar a meta imposta estropéase e rómpese, de maneira que a televisión xa non ten porque imporlle novos niveis a unha máquina que non pode alcanzalos, como consecuencia, non emite máis imaxes.

Que significado ten a última televisión que se ve?


A última televisión é o nivel de beleza definitivo imposto á máquina, ao non poder alcanzalo a máquina rómpese e a televisión deixa de emitir novas imaxes, conseguindo impoñer un nivel de beleza inalcanzable.

Comentario:


A máquina representa a unha sociedade que é guiada a través dos canóns de beleza marcados tanto pola televisión, como polas revistas, webs... etc. Conforme a sociedade cae nas modas de beleza estas van cambiando facendo que teñamos que comprar cousas novas, para poder estar a moda. O feito de alcanzar unha moda e iniciarse outra será constante, podemos entender que chegará un punto no que a beleza será algo "inalcanzable" polo que poucos membros da sociedade serán capaces de alcanzar ese último punto e serán dalgún modo vencidos ante á moda.
Estamos nunha sociedade facilmente influenciable, a moda varía cada certo tempo e moitos por medo a non ser aceptados ou calquera outro motivo queremos seguila, mais cada un debe ser libre de seguir a súa propia moda e non ser tan influenciables xa que chegara un momento no que no seremos capaces de seguir a moda e seremos derrotados ante a sociedade.

jueves, 17 de mayo de 2012

A Pirataría


    Pirataria, nos últimos anos esta palabra púxose moi de moda e xurdiron debates de todo tipo. É un termo que levanta polémicas e inda mais cando nace unha  lei que priva a cidadanía de calquera descarga gratuita onlaine, a lei Sinde. Foron moitos os blogger opinaron sobre ela e velaquí o caso de dous homes, un periodista e outro blogger.

    Juan Gómez Jurado é un periodista que a pesar de vivir do que escribe e de expoñerse a que calquer persoa poida descargarse os seus escritos é un home encontra desta medida tan drástica, xa que pensa que as descargas non faran outra cousa que aumentar a culturalidade e que o contraio do que argumenten cantantes, escritores etc. non existe perda económica elevada de ningún tipo, só novas oportunidades de xente sen recursos de adquirir coñecementos, de escoitar música, de ver películas... de forma gratuita. Sempre haberá persoas que segan a mercar libros ou DVDs, non hai necesidade de temer as baixadas de ventas.

   Outro blog anónimo encontra desta lei apoia a idea de Gómez e vai aínda mais lonxe afirmando que non só as ventas non baixarían, senon que se alzarían permitindo que entrasen no mercado novos oferentes. Para este blogger o necesario son  novas medidas, non novas leis.

    En xeral esta lei non é acollida con agrado, xa que deixa a xente sen a vantaxe de escoitar os seus artistas favoritos, de ver estrenos cinematográficos... de forma gratuita, pero numerosos famosos que ven baixar os seus ingresos polas descargas gratuitas como David Bisbal, Alejandro Sanz ven esta medida xusta e necesaria

lunes, 26 de marzo de 2012

O consumo colaborativo

A sociedade está cambiando, a mentalidade das persoas está cambiando, cada vez máis comezamos a pensar como un colectivo, como un grupo. As persoas xa empezan a "espertar" a darse conta de que contan con máis persoas, non só deben velar por si mesmos e pensar só en eles deben cambiar a súa forma de pensar para pensar en todas as persoas como un gran grupo que pode axudarse entre si.

Esta nova sociedade que posúe unha mentalidade máis aberta a colaboración en grupo ten o nome de sociedade 2.0. Esta mentalidade máis ligada ao grupo permite non ser tan desconfiada e poder confiar noutra xente con maior facilidade isto suxiriu a creación de webs de intercambios, persoas que intercambian obxetos con outras, xa poden pertencer ao mesmo país ou a outro calquera, calquera obxeto ao que xa non lle des uso podes intercambialo por outro que si queras isto aparte de permitir un aforro económico permite que aprendamos a confiar con maior facilidade nas demais persoas. Mediante o éxito destas páxinas podemos saber que a mentalidade das persoas deixa a un lado o capitalismo para dar lugar a confianza e pensar en que os bens materiais non o son todo de este modo "o que é meu é teu".

As novas webs, redes sociais... etc, lévannos atras no tempo ata épocas nas que o trueque e os intercambios supoñían os medios de obtención dos distintos obxetos pero lévannos reinventados en formas dinámicas e atractiva, esto es conocido como consumo colaborativo.

O consumo colaborativo esta moi ligado ao crowd computing. Nuns cantos anos pasamos dunha cultura basada no eu a unha cultura basada no nós, grazas a aparición de internet eliminamos todas esas vallas que nos incitaban só a pensar nun mesmo, volvemos a ter unha mentalidade coa que non temos medo de colaborar cos demais, non debemos afiancarnos a unha cultura hiperconsumista baseada en comprar, comprar e comprar esta cultura ten as súas bases debido a obsolescencia programada, a obsolescencia programada consiste en darlle vida útil a calquera obxeto xa sexan 2,3,4 anos ou poucos máis tras ese período de tempo (calculado de antemán) ese obxeto deixara de funcionar correctamente e acabaráse estropeando isto nós leva a ter que comprar un novo e isto repetírase continuamente para que os mercados sigan tendo compradores por sempre.

A continuación deixo un enlace por se queren ver un documental sobre a obsolescencia programada, recomendable ao 100%



jueves, 22 de marzo de 2012

Crowd computing

O crowd computing é un metodo de traballo online que consiste na grande colaboración entre grupos de xente. Na actualidade o crowd computing se usa con distintos obxectivos, algúns deses obxectivos son por exemplo para mellorar os procesos de toma de decisións, identificar solucións a problemas complexos ou monitorizar os cambios nos gustos dos consumidores. A colaboración online a gran escala é unha gran idea que co aumento masivo do uso de internet permitirá que calquera persoa no mundo poda axudar ás demais persoas que o necesiten.

O crowd computing non debe confundirse có cloud computing ambos son servizos diferentes entre eles, o crowd computing como xa dixen permite o intercambio de ideas entre grandes grupos de persoas e que os distintos grupos se axuden entre eles. O cloud computing en cambio é un servizo que permite aos usuarios acceder a distintos archivos localizados na "nube" polo tanto non ocupan espazo no teu ordenador, aínda que dependen do acceso a internet.

Un claro exemplo útil do crowd computing é o proxecto recaptcha (nome co que se coñece a compañía fundadora deste proxecto), este proxecto creado por Luis Von Ahn permite a dixitalización de libros cada vez que introducimos un captcha. Tras a dixitalización dun libro páxina por páxina, un programa convirte todas as palabras da imaxe a texto, como o programa que realiza esta tarefa non é perfecto hai moitas palabras que non reconoce, o que se realiza para solucionar este problema é facer que as persoas as reconozan mediante a introducción de captchas. Con este método se dixitalizan ao rredor de 2 millóns e medio de libros ao ano. Este exemplo mostra o útil que pode chegar a ser a gran colaboracíon de masas.

Hoxe en día a compañía recaptcha é propiedade de google, utilízase no seu proxecto google books e tamén na dixitalización do periódico New York Times.