miércoles, 20 de junio de 2012

A televisión


Por qué a televisión deixa de emitir imaxes cando a máquina cae?


As imaxes que transmite a televisión son "metas" que a máquina ten que alcanzar, podemos entender que coa penúltima imaxe a máquina alcanzou un nivel que non pode superar, de modo que a seguinte imaxe que transmitirá a televisión será unha meta inalcanzable polo que a máquina ao non poder superar a meta imposta estropéase e rómpese, de maneira que a televisión xa non ten porque imporlle novos niveis a unha máquina que non pode alcanzalos, como consecuencia, non emite máis imaxes.

Que significado ten a última televisión que se ve?


A última televisión é o nivel de beleza definitivo imposto á máquina, ao non poder alcanzalo a máquina rómpese e a televisión deixa de emitir novas imaxes, conseguindo impoñer un nivel de beleza inalcanzable.

Comentario:


A máquina representa a unha sociedade que é guiada a través dos canóns de beleza marcados tanto pola televisión, como polas revistas, webs... etc. Conforme a sociedade cae nas modas de beleza estas van cambiando facendo que teñamos que comprar cousas novas, para poder estar a moda. O feito de alcanzar unha moda e iniciarse outra será constante, podemos entender que chegará un punto no que a beleza será algo "inalcanzable" polo que poucos membros da sociedade serán capaces de alcanzar ese último punto e serán dalgún modo vencidos ante á moda.
Estamos nunha sociedade facilmente influenciable, a moda varía cada certo tempo e moitos por medo a non ser aceptados ou calquera outro motivo queremos seguila, mais cada un debe ser libre de seguir a súa propia moda e non ser tan influenciables xa que chegara un momento no que no seremos capaces de seguir a moda e seremos derrotados ante a sociedade.