Pirataria, nos últimos anos esta palabra púxose moi de moda e xurdiron debates de todo tipo. É un termo que levanta polémicas e inda mais cando nace unha lei que priva a cidadanía de calquera descarga gratuita onlaine, a lei Sinde. Foron moitos os blogger opinaron sobre ela e velaquí o caso de dous homes, un periodista e outro blogger.
Juan Gómez Jurado é un periodista que a pesar de vivir do que escribe e de expoñerse a que calquer persoa poida descargarse os seus escritos é un home encontra desta medida tan drástica, xa que pensa que as descargas non faran outra cousa que aumentar a culturalidade e que o contraio do que argumenten cantantes, escritores etc. non existe perda económica elevada de ningún tipo, só novas oportunidades de xente sen recursos de adquirir coñecementos, de escoitar música, de ver películas... de forma gratuita. Sempre haberá persoas que segan a mercar libros ou DVDs, non hai necesidade de temer as baixadas de ventas.
Outro blog anónimo encontra desta lei apoia a idea de Gómez e vai aínda mais lonxe afirmando que non só as ventas non baixarían, senon que se alzarían permitindo que entrasen no mercado novos oferentes. Para este blogger o necesario son novas medidas, non novas leis.
En xeral esta lei non é acollida con agrado, xa que deixa a xente sen a vantaxe de escoitar os seus artistas favoritos, de ver estrenos cinematográficos... de forma gratuita, pero numerosos famosos que ven baixar os seus ingresos polas descargas gratuitas como David Bisbal, Alejandro Sanz ven esta medida xusta e necesaria