A aparición do libro electrónico nos últimos anos xerou diversas "polémicas" moita xente o rexeita dado que non queren ver como o seu preciado libro de papel que os acompañou durante toda a vida pode ser substituído polo ebook, tamén o feito de comprar un libro novo e abrilo por primeira vez e cheirar ese olor a novo fai que rexeiten esta nova tecnoloxía. O feito de substituír algo que dende sempre estivo nas súas vidas por algo novo lles asusta pero eu aposto pola tecnoloxía e tarde ou temprano o libro electrónico acabará superando ao tradicional de maneira que gañe esta "batalla" que se xerou arredor dos dous formatos eu aposto que a moi longo prazo o libro tradicional acabará por ser pouco usado sendo superado polo electrónico.
Tal vez a razón principal pola que aínda hoxe en día o libro electrónico non é ben recibido ou é mirado con desconfianza son as características novedosas da lectura e escritura coas que conta, incapaces de ser concebidas na cultura do libro tradicional. Fálase de narrativa non lineal, basada no hipertexto, audio, video, imaxe, animación e interactividade.
A continuación falarei das principales vantaxes e desvantaxes do ebook:
Vantaxes do ebook:
- A longo prazo o ebook resulta moito máis barato que comprar libros en formato físico.
- Os ebook permiten que un narrador lexa o libro mentres ti o escoitas e segues a lectura ou non.
- Os ebook permiten acceder a fontes de información de forma inmediata e máis amplas que os libros tradicionais
- Podes aumentar ou diminuir o tamaño da letra algo que moitas persoas que teñen problemas na vista o agradecerán
- A inclusíón de diccionarios nos ebook permite que a lectura de libros noutros idiomas sexa máis doada polo feito de que se non coñeces unha palabra podes acceder de forma case inmediata ao seu significado no diccionario
- Podes mellorar a túa pronunciación ou aprender como se pronuncian certas palabras que non coñezas grazas ao narrador que pode ler o libro noutros idiomas.
- Podes levalo a calquera parte xa que resulta cómodo de levar como un libro tradicional pero que posee moitos máis libros.
- É máis ecolóxico ca os libros tradicionais xa que non se necesitan talar árbores para a súa fabricación
Desvantaxes do ebook:
- A súa duración está limitada por unha batería.
- Depende dun hardware externo como poden ser tarxetas de memoria, conexión a internet, ordenador co que poder pasar os libros... etc.
- O seu hardware pode romperse, su pantalla rallarse.. etc.
- Posúe unha resolución menor á dos libros convencionais.
- O seu prezo inicial pode parecer elevado en comparación ao prezo dos libros tradicionais.
- A xente non acostumada a tecnoloxía pode sentirse perdida ante o ebook pero a verdade é que posúe un control sencillo e intuitivo.